La Voz de Galicia

¡Ai mai!

Lugo

CARLOS VÁZQUEZ

A TRIBUNA | O |

30 Jul 2004. Actualizado a las 07:00 h.

ERA o berro dunha mulleriña que carrexaba baldes de auga. O lume era intenso, descontrolado, semellara pararse antes pero veu ventoleira e trouxo cara ás casas do Algarve portugués, zona que tivo cultura propia na Idade do Bronce, formou parte da Lusitania e incorporaríase ao Reino de Portugal. Os avatares históricos foron pouco comparado co lume ao carón da vivenda, dos aveños, das cousas prezadas. A muller berraba, enchía baldes e miraba ao ceo, sen deixar de correr: viña o lume. Falamos de vivendas porque vainos algo nelo, pero ¿cantos animais non quedan sen fogar e cantos non perden a súa vida? Outro semellante está arrasando con máis de 14.000 hectáreas en Huelva. Aquí, hai uns días ardía en Pobra do Brollón, despois en Samos, onte en Quiroga. Nos pobos quedan poucos mozos. Os maiores non chegan ou poden pouco para loitar contra as armas do demo. Deberán engadirse medios, penas máis severas e maiores medidas de precaución. Algúns lumes son provocados, pero non todos.


Comentar