La Voz de Galicia

Estíbaliz Veiga representará en Sober o espectáculo «Golpes»

Sober

A actriz Estíbaliz Veiga é a única intérprete do espectáculo «Golpes»

A función forma parte das actividades programadas no municipio con motivo do día internacional contra a violencia sexista

19 Nov 2019. Actualizado a las 11:47 h.

O auditorio do centro sociocultural de Sober acollerá este mércores —ás 19.00— unha representación do espectáculo Golpes a cargo da actriz. A función forma parte das actividades do club de lectura Pintor de Castinande e de programación do Servizo Xeral de Igualdade con motivo do día internacional para a eliminación da violencia machista. Na obra, Estíbaliz Veiga representa a Pamela, unha moza que vive unha relación marcada pola desigualdade e a violencia sexista.


Comentar