La Voz de Galicia

Xacementos que poderían formar un parque arqueolóxico

O Incio

27 Feb 2007. Actualizado a las 06:00 h.

? vello proxecto de creación dun parque arqueolóxico que englobaría os xacementos de Formigueiros e Santa Mariña -formulado por primeira vez a comezos dos anos noventa polos responsables do plano Val do Sarria-Val do Mao-, comezou a recuperarse en certo modo coas escavacións e as obras de acondicionamento realizadas no castro o pasado ano. A recente declaración como ben de interese cultural (BIC) da necrópole de Santa Mariña, no municipio do Incio, pode supoñer un paso adiante para retomar aquela iniciativa. O castro de Formigueiros, ao contrario do que sucede coa necrópole, aínda non goza de categoría de BIC, a máxima figura de protección do patrimonio histórico contemplada na actual lexislación. O interese que tería englobar ambos xacementos nun mesmo parque radica no feito de que pertencen a épocas moi diferentes -a Idade do Bronce e a época romano-castrexa-, polo que exemplifican de forma moi gráfica a evolución das culturas que existiron na antigüidade galega.


Comentar