O outro canon
Chantada
FOGONAZO | O |
01 May 2003. Actualizado a las 07:00 h.
UN ARGUMENTO electoral tan sabroso como aquel do canon de enerxía de Belesar non cae do ceo tódolos días. Aquilo servíu de bandeirín de enganche para Chantada Nova, primeiro, e para os seus herdeiros do Bloque, despois. Este luns, a oposición chantadina tentará resucitar o espírito do canon aproveitando os flancos débiles dos parques eólicos. Está por ver se o logran.