La Voz de Galicia

O segundo Poetry Slam de Bóveda será a finais de maio

Bóveda

Un momento do primero combate do Slam Poetry de Bóveda, que se celebrou en marzo

Despois desta sesión quedarán tres máis ata a final desta competición de poesía recitada, prevista para novembro

04 May 2023. Actualizado a las 21:22 h.

Xa hai data para a segunda sesión do Poetry Slam de Bóveda, unha competición lírica nas que os participantes recitan poesías orixinais súas para gañar os tres premios do certame: a cunca de ouro, a de prata e a de bronce. Na primeira, que se celebrou o 25 de marzo, participaron sete autores e os gañadores foron Iria Seoane, que levou a cunca de ouro; Noa Moreira, coa cunca de prata e Jonatan Jorje Guille, coa cunca de bronce.

O segundo Poetry Slam de Bóveda será o sábado 27 de maio e comezará ás sete da tarde. O escenario ao que subirán os participantes é o do centro sociocultural de Bóveda, o mesmo da primeira sesión

O Poetry Slam de Bóveda está organizado polo colectivo KulturN'aldea, coa colaboración do Concello.

Os organizadores concíbeno como unha competición por fases no que haberá cinco encontros ou combates. O primeiro foi o de marzo e o segundo este de maio. Os outros tres celebraranse en xuño, setembro e outubro. Como remate, en novembro farase a final, na que tomarán parte os gañadores e os segundos clasificados en cada un dos cinco combates previos.


Comentar