Marquitos, adestrador do Club Lemos: «Prefiro gañar por 5-4 que por 1-0»
Lemos
02 Apr 2026. Actualizado a las 17:22 h.
Marquitos logrou dous ascensos como futbolista. Un co actual Ourense CF, anteriormente Ponte, a Terceira, e outra co Polígono a Preferente. Con 21 anos deixou o fútbol en activo e pasou aos banquillos. Leva 35 anos como adestrador.
—O mellor adestrador.
—Pep Guardiola.
—O mellor futbolista do mundo na actualidade.
—Lamine Yamal.
—Que banquillo soñaba con ocupar cando comezou a adestrar?
—O do antigo CD Ourense. Sempre tiven esa ilusión. Pero o fútbol recompensoume coa miña presenza en Mareo durante catro tempadas. Alí coñecín a Marcelino García Toral e a Quini. Estiven de titor da residencia.
—Un debuxo táctico.
—1-4-2-3-1
—Prefire gañar 1-0 ou 5-4?
—Os meus equipos xa o demostran nos partidos. Prefiro gañar 5-4.
—Cociña galega ou asturiana?
—As dúas. Cachopo regado con sidra e con fabes, un prato delicioso. Pero o polbo á feira tamén me encanta.
—Cal é a súa especialidade na cociña?
—A tortilla española. As que fago son espectaculares.
—Ten moita paixón polo fútbol?
—Si. De feito, nunha hora saio para presenciar o partido entre o Polígono e o Celanova, porque este último é un rival contra o que aínda temos que xogar.
—A que xogador do Club Lemos levaría de cañas?
—Se levo a Youness acaba comigo. Elixo ao capi, Dafonte.
—E a que futbolista lle confiaría as chaves da súa casa ou do seu piso?
—A Emmanuel, que é unha persoa seria.
—Que sería capaz de facer se leva ao Club Lemos á Terceira Federación?
—Facer o Camiño de Santiago.
—Que mensaxe lle traslada á afección lemista?
—Que sigan apoiando a estes futbolistas, que están comprometidos para levar ao Lemos á Terceira Federación. Como dixen, teñen moitas ganas de facerlle ese agasallo.