La Voz de Galicia

Mensaxe do alcalde ós veciños de Monforte

Lemos

El alcalde de Monforte, José Tomé, en la sala de juntas en una imagen de archivo

Tomé: «Quero compartir con vós o ánimo e a forza que necesitamos para saír entre todos adiante»

01 Apr 2020. Actualizado a las 16:35 h.

Estimados veciños e veciñas de Monforte, o coronavirus COVID-19 rachou o noso día a día, a nosa vida normal. Nos momentos de crise sanitaria que nos toca vivir, quero compartir con todos vós o ánimo e a forza que necesitamos para saír entre todos adiante.

Quero que saibades que o Concello está ó voso lado para o que necesitedes en momentos tan difíciles, nos que o máis importante é estar unidos, é estar xuntos, para seguir as recomendacións das autoridades sanitarias.

Tanto o equipo de goberno como o persoal do Concello, seguimos día a día traballando de xeito presencial ou por traballo telemático, para loitar contra este virus e tratar de axudar ós nosos veciños e veciñas naquelas necesidades que van xurdindo durante esta crise, sobre todo para os máis necesitados.

En especial, estamos colaborando estreitamente cos colectivos máis vulnerables ante o coronavirus, como son os nosos maiores e as persoas que os coidan. Apoiamos, na medida das nosas posibilidades, co subministro de material de protección e desinfección para o coronavirus, tan necesario e ás veces é tan escaso nestes momentos.

Sei que, como nos recomendan, moitos de vostedes estanse quedando nas súas casas, seguindo as recomendacións que nos indican as autoridades sanitarias. Esta é a mellor maneira de loitar contra o contaxio do coronavirus, por iso anímovos a seguilo facendo, polo ben de todos, polos que máis queremos, pero tamén por nós mesmos.

Quero agradecer de xeito especial o esforzo que ven facendo o persoal sanitario, as Forzas Armadas, a Policía Nacional, a Garda Civil e a Policía Local, polo inmenso traballo que veñen facendo día a día.

Veciños e veciñas de Monforte, quero agradecer o voso compromiso diante desta crise. Moito ánimo e moita forza para todos os monfortinos e monfortinas.


Comentar