«Monforte está nun declive que hai que frear»
Lemos
Entrevista | Manuel López Eiriz
23 May 2007. Actualizado a las 07:00 h.
Manuel López Eiriz afronta nestas eleccións o reto de recuperar para o Partido Popular o bastón de mando do Concello de Monforte. Este profesor de educación física de 63 anos compite cunha lista completamente renovada. -¿Como valora estes catro anos de coalición BNG-PSOE en Monforte? -Foron catro anos de coalición nos que os coaligados non gobernaron xuntos, senón de espaldas ao seu socio. Cando se presentou o proxecto da empresa Pacadar, o PSOE fíxoo a espaldas do Bloque, cando iso debería ser un proxecto do Goberno local. Ademais, tendo a coiuntura política a favor, non souberon aproveitar estes catro anos para Monforte, a pesar de ter a coiuntura política a favor. Non souberon aplicar os seus programas electorais, que non eran moi realistas, quizais porque non contaban con ter que levalos a cabo. -Esa coiuntura política á que se acaba de referir non os vai axudar moito a vostedes no caso de que desen recuperado o Concello. -Nós agardamos que esta situación cambie en pouco tempo. O cambio pódese dar fácilmente, tanto na Xunta como no Goberno central. -¿Cales son as actuacións que habería que acometer desde o Concello unha vez elixido o novo alcalde? -Hai que botar para adiante con auténtico consenso o plan urbanísito. Monforte está que non se pode facer nada pola falta deste plan. Ademais, hai que acelerar os trámites para que as grandes infraestruturas non veñan con retraso, como están vindo. É esencial para poder traballar na creación de emprego, un obxectivo fundamental nun municipio no que nos últimos catro anos se perderon 500 postos de traballo. Estamos nun declive que hai que frear. -Aludiu antes aos anuncios de chegada de novas empresas. ¿Qué opinión lle merecen? -Non parece nada real, de momento. Por agora son promesas e non hai nada asinado. Temo que poida ser fume, como moitas veces pasa. -O PP en Monforte leva meses dirixido por unha xestora, na candidatura non repite ningún concelleiro... ¿Síntese respaldado por todo o partido? -Teño todo o respaldo da xestora e da base do partido. Eu falei con todo o mundo e quero contar con todo o mundo. Se alguén non quere, esa será unha decisión persoal súa. Pero o certo é que ademais de contar con todos, tamén tomei a decisión de facer unha candidatura con xente non implicada antes na actividade municipal. -É unha decisión arriscada... -Si, probablemente. Pero iso non quere dicir que eu non me queira aconsellar con todo o mundo. -Na candidatura do partido Galeguista van algúns ex militantes do PP. -A única candidatura do Partido Popular é a que encabezo eu. -¿Con que resultado se darían por satisfeitos? -Coa maioría absoluta. Deses resultados vén o PP e eses son os resultados que hai que tentar recuperar.