La Voz de Galicia

Teatro en Lugo

Lemos

SUSO VARELA

VALENTE | O |

26 Jan 2007. Actualizado a las 06:00 h.

O LUNS, Teatre Lliure abrirá en Lugo unha nova edición da Mostra de Teatro Clásico. Serán sete días e outras tantas funcións nas que os lucenses poderán pensar, chorar, rir, aprender, coñecer e soñar cos autores máis universais postos en escena a través de excelentes compañías. Lugo aséntase como un dos lugares de referencia do teatro en Galicia. A cidade convírtese en centro da escena española por unha semana. E os lucenses debemos responder ao esforzo do Concello, aínda que a moitos lles pareza caro (en Madrid cobran de 25 euros para riba). Anímense, merece a pena ver teatro.


Comentar