La Voz de Galicia

O uso museístico da Torre da Homenaxe depende de Turespaña

Lemos

22 Mar 2004. Actualizado a las 06:00 h.

? alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, considera «moi interesante» a posibilidade de habilitar un pequeno museo histórico na Torre da Homenaxe, pero puntualiza que calquera iniciativa que se poida emprender a ese respecto depende do que decida Turespaña. Un decreto emitido polo Ministerio de Facenda en novembro de 2001 adscribiu a histórica construcción á entidade que xestiona o parador monfortino -ao igual que o mosteiro benedictino e o palacio condal- e polo tanto é obrigado que esta mostre a súa conformidade para poder levar a cabo un proxecto deste tipo no edificio. «A pesar da cesión, os responsables de Turespaña non reclamaron o inmoble para utilizalo para algunha fin concreta e non me parece que vaian facelo», di o rexedor. Por agora, nas salas da torre medieval segue gardándose e exhibíndose a colección de mobles e obxectos históricos cedida no seu día a Monforte pola familia do filántropo Xan de Forcados. Esta serie de pezas continúa a ser administrada polo Concello.


Comentar