Tres cabezas
Lemos
FOGONAZO CARLOS CORTÉS | O |
02 Jun 2003. Actualizado a las 07:00 h.
«NON DEIXEDES que fagan un concello con tres cabezas». Algo así tronou Fraga no mitin central da campaña do PP en Monforte. Ou sexa, que para gobernar, opina o presidente da Xunta, incluso dous son multitude. Pero BNG e PSOE teñen outra tese. Queren facer de Iniciativa Galega a terceira pata da coalición que desaloxará a Nazario Pin. Nos seus cálculos, un goberno a tres gañaría estabilidade. Lástima que a política non saiba de aritmética.