A polas seguintes
Lemos
A TRIBUNA | O |
29 May 2003. Actualizado a las 07:00 h.
O DOMINGO pasado xogábase un partido transcendental. Está claro que non podían gañar todos. En Lugo, como xa sabemos, gañou López Orozco. Por goleada. O Bloque Nacionalista Galego, que dominara e controlara boa parte do encontro, perdeu nos últimos minutos gracias a un gol que entrou comendo a escuadra. Na semifinal quedaran eliminados xa os do Pepé, que non souberon xogar con soltura contra o asunto do Prestige e por riba, apoiaron unha guerra que evidentemente non ía con nós. Iso, e o da reforma educativa, o decretazo¿ O que se xogou o pasado domingo, en suma, foi un partido atípico porque os espectadores non nos limitamos a contemplar como regateaban ou entraban en falta aqueles xogadores todos. Algúns, por certo, só souberon xogar ó fóra de xogo e así lles foi. O día vintecinco disputouse un partido no que foi decisivo o voto persoal e intransferible. ¿A que ese voto parecía ben pouca cousa no momento en que fomos depositalo na urna de cristal? ¡A que fixo máis tarde, eh! Agora, tras do merecido descanso, non hai dúbida algunha de que os perdedores terán que planificar mellor a seguinte tempada. Haberá que poñerse a abrir o capítulo das fichaxes máis acertadas e nada, volver a empezar. En fín, así éche a vida. Agora ben, que non esquezan os vencedores deste importante partido disputado o 25 de maio que é máis difícil sobrepoñerse á victoria, que saír dunha derrota.