ACCIDENTES
Lemos
CARLOS CORTÉS CONTRAPUNTO
10 Sep 2001. Actualizado a las 07:00 h.
A mellora da C-546 foi quedando fóra dos sucesivos plans de estradas da Xunta. Agora, a súa reivindicación lidia co vento en contra dunha Administración que está a punto de dar por arranxado o histórico déficit das estradas do país. Só a ruidosa reiteración dos accidentes de tráfico no tramo da estrada Lugo-Monforte máis próximo a Sarria foi quen de facer reaccionar á Consellería de Política Territorial. A declaración suscrita onte en Monforte chega para recordar que as curvas de Noceda non son menos perigosas que as de Balmao. Sería bó que bastase con este chamanento. Que non teña que haber accidentes tamén aquí.