La Voz de Galicia

O plan perfecto de Claudio Giráldez

Grada de Río

Xosé R. Castro VIGO
Claudio Giráldez, celebando con Javi Rodríguez el triunfo del Celta ante el Madrid.

O planteamiento do adestrador do Celta no Santiago Bernabéu non tivo fisuras

08 Dec 2025. Actualizado a las 22:56 h.

Por cousas así, o fútbol é un deporte marabilloso. Catro días atrás, o Celta necesitou de sete penaltis para tombar a un equipo da cuarta categoría do fútbol estatal -o Sant Andreu barcelonés- na Copa e, con anterioridade, viña de encaixar dúas duras derrotas ante Ludogorets e Espanyol. Con estes datos, o partido do Bernabéu supoñía unha visita ao dentista. Para case todos menos para Claudio Giráldez, que repite en público e en privado que el sempre pensa que vai gañar todos os partidos.

Por ese camiño da autoconfianza plantexou o partido diante do Real Madrid mesturando risco e supervivencia. Pode que este Celta perdese un pouco do seu romanticismo suicida, pero, a cambio, está collendo un matiz pragmático que lle permite voar en ataque se ten os vimbios axeitados para facelo. Unha solución á falta de último pase.

O plan de partido fronte ao equipo de Xabi Alonso non ten unha soa fisura. Claudio convenceu aos seus de que vale a pena arriscar co balón, que hai que buscar superioridades na saída e logo todo correr en ataque e saber sufrir, con orde e concerto, en defensa. A perfección.


Comentar