La Voz de Galicia

Peñas celtistas piden á afección que se eviten cánticos que manchen a imaxe do Celta e poidan conlevar sancións

Grada de Río

LA VOZ Vigo

A Federación de Peñas fixo chegar aos seus colectivos un texto do clube á que moitas se adheriron

04 Dec 2021. Actualizado a las 11:45 h.

Varias peñas celtistas, moitas das máis activas en redes sociais, compartiron nas últimas horas un comunicado do Clelta que lles fixo chegar a Federación de Peñas, que á súa vez tamén colgou nas redes sociais este mesmo texto. No mesmo ínstase á afección celeste a seguir animando ao club, pero a facelo deixando á marxe calquera cántico que falte ao respecto. Isto chega despois de que a liga denunciara cánticos ofensivos no partido fronte ao Barcelona en Balaídos.

O comunicado leva por título A mellor afección e comeza subliñando a «teima» do Celta «por un fútbol respectuoso e sen violencia» e presumindo de ter «unha hinchada fiel e animosa na que non teñen cabida nin as actitudes nin as condutas racistas, xenófobas, homófobas e intransixentes». Por iso piden que se «eviten cánticos ou berros contra xogadores e clubes rivais, membros do equipo arbitral ou calquera outra persoa ou colectivo participante ou non nos mesmos que puidesen levar a sancións e manchar a gran imaxe» da súa afección.

Piden, ademais, que a entidade e os seus seareiros vaian «da man na procura dunhas bancadas tolerantes, exemplo de deportividade e co obxectivo común de dar folgos aos futbolistas».Engaden que estes «de seguro agradecerán sobre o céspede este alento da afección».


Comentar