La Voz de Galicia

Prazas

Narón

Eduardo Fra Molinero

16 Mar 2016. Actualizado a las 05:00 h.

A nosa época do automóbil non ama as prazas. Tampouco a especulación do metro cadrado é xenerosa co espacio público. Nestas terras de Ferrolterra temos experiencias negativas coas reformas de prazas, alamedas e xardíns, A praza de Armas seguramente sexa o exemplo de atentado maiúsculo.

Vin un No-Do da inauguración do pazo municipal polo mesmo Franco. O Caudillo, no medio do entusiasmo dos asistentes dixo moitas cousas pero non dixo nada da desfeita da praza de Armas que el coñecera de cativo.

Seguimos destruíndo as prazas que herdamos. Hai pequenas prazas humildes pero gratas para o paseo e descanso. As árbores habitan neses lugares e cumpren co oficio de depurar o aire envelenado polos gases de automóbiles.

En Narón non sobran as prazas. O urbanismo de última xeración semella desprezalas. Unha barbarie. Non atopo outra palabra para definir tal mentalidade urbanística. A praciña do colexio Ponte de Xubia ten plátanos de sombra. Noutros tempos alguén debuxou aquel espacio na idea de que o colexio ben podía aprenderlles aos nenos a lección das árbores. ¿Por que talalos? ¿É necesario? ¿Por qué non respectar aquel deseño asisado? ¿Como explicarlles aos cativos que é absolutamente necesario a tala das árbores? ¿Dez, quince prazas para aparcar coches teñen preferencia por riba das árbores que son e sempre serán lección de saúde e natureza.

En fin, señores do Concello pensen, miren as desfeitas que se fixeron coas prazas de toda a vida. O civilizado é nos destruír a praza.


Comentar