La Voz de Galicia

Teatro e chocolate solidario en Labacengos, Moeche, o domingo

Moeche

LA VOZ MOECHE
Banco de alimentos Balrial, en Ferrol

A asociación de veciños organiza a xornada para recoller axuda para o banco de alimentos

25 Oct 2025. Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación de Veciños de Labacengos, en Moeche, organiza unha tarde solidaria no local do Ventoeiro, este domingo, ás cinco da tarde.

O grupo teatral Licor Café, de Cabanas, representará a obra «A idade do pavosaurio», a través da Deputación da Coruña.

E despois haberá chocolate con churros de balde. Recolleranse produtos non perecedoiros para o banco de alimentos Balrial Ferrol. Inscrición no 606 729 038.


Comentar