Presentación do proxecto ActivaVerde, o xoves no centro sociocomunitario do Barqueiro, en Mañón
Mañón
A participación nesta iniciativa é gratuíta e voluntaria
22 Oct 2025. Actualizado a las 05:00 h.
Este xoves, de 16.30 a 17.30 horas, presentarase o proxecto ActivaVerde no centro sociocomunitario do Barqueiro, en Mañón.
É o plan de fondos de Transición Xusta da Unión Europea, cofinanciado pola Xunta, orientado a paliar as repercusións económicas do peche da central térmica das Pontes (e tamén da de Meirama).
Participar no proxecto é gratuíto e voluntario. En https://activaverde.gal/ informan a quen se interese polos detalles do proxecto.