O Museo Etnográfico de A Capela viaxa este domingo a 1949: Tal como eramos
A Capela
Recreará a sociedade daquel ano nunha ruta teatralizada
13 Sep 2025. Actualizado a las 05:00 h.
Tal como eramos en 1949. É a viaxe que propón o Museo Etnográfico de A Capela para este domingo, día 14 de setembro cunha ruta teatralizada.
Nesta ocasión, os actores e as actrices participantes recrearán a vida e a sociedade de hai 76 anos (no 2024 volveron ao 1948).
Haberá xantar baixo carpa, ademais de todo o percorrido programado, pola mañá e pola tarde. A inscrición xa está pechada.