La Voz de Galicia

Cofer porá en marcha un programa formativo en IA para empresas

Ferrol

laura chaos /  ferrol/ la voz a. u. ferrol/ la voz

18 Jul 2025. Actualizado a las 05:00 h.

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal (Cofer) porá en marcha en setembro o Programa Generación Digital Pyme con IA, coa colaboración de Galicia Business School.

Esta iniciativa será completamente gratuíta e as persoas que leven a termo a formación obterán un certificado en Intelixencia Artificial.

Nesta edición poderán participar empresas de 1 ata 249 traballadores. O programa desenvolverase ao longo de 146 horas divididas en 5 sesións presenciais (na Cofer) e 24 telemáticas.

Os contidos deste curso basearanse en conceptos fundamentais coma a adaptación ao contexto dixital ou a implementación de tecnoloxías emerxentes. Aqueles interesados en inscribirse no programa pódeno facer a través do sitio web https://cofernet.com.


Comentar