«Votouse máis aos líderes que aos programas electorais»
Ferrol
24 Oct 2012. Actualizado a las 07:00 h.
Guillermo Sánchez Fojo, secretario xeral de Terra Galega e primeiro tenente de alcalde en Narón, concurríu como número 3 da provincia da Coruña pola coalición nacionalista Compromiso por Galicia (CxG), que non acadou representación parlamentaria o pasado 21-O.
-Os resultados non foron os esperados.
-Foron uns resultados moi negativos. Non fomos capaces de contactar coa xente, de darnos a coñecer. Tamén é verdade que a coalición so tiña un mes de vida e non dispuxemos da economía nin dos medios necesarios para facer unha campaña como nos tivera gustado.
-¿Cree que unha coalición con diversos partidos ao final acaba despistando á xente á hora de votar?
-Creo que non. A xente non se despista, a xente identificou perfectamente a outras coalicións, como por exemplo a de Anova, e mira que bos resultados obtivo. Creo que estas foron unhas eleccións nas que se votaron máis aos líderes políticos que aos programa electorais. Nós non tivemos tempo de preparar a campaña.
<-E o PP revalidou a súa maioría absoluta.
-Ningún dos partidos que quería paralos conseguiu nada. A fin de contas, o PP vai a seguir facendo o mesmo. Hai que facer unha reflexión. O que non pode ser é que un partido que perdeu votos, sume máis escanos.
-¿Terra Galega seguirá dentro de Compromiso por Galicia?
-Pois é unha decisión que se tomará no partido, cando nos reunamos en asamblea. Pero si, eu penso que Compromiso por Galicia é unha forza de futuro.