La Voz de Galicia

O ambiente é de todos

Escuela

Jesús Garrido
As novas sobre os embalses baleiros son un grave problema ambiental e causan alarma

«Traballamos xuntos, podemos cambiar o mundo» é o seu lema. Por iso, atrevidamente, buscámoslles este título aos máis de 20 capítulos que, baixo o programa Explore UN Environment Topics, nos ofrece para o seu lento e prolongado estudo sobre o medio ambiente na escola, para celebrarmos, como cada 5 de xuño, o seu día mundial. Mira esta web: https://www.unenvironment.org/explore-topics/

05 Jun 2019. Actualizado a las 05:00 h.

CONSTRUCIÓN DUN FICHEIRO

Para que o traballo sexa máis breve e efectivo, dividimos en seis grupos de alumnos a nosa tarefa de investigación na aula, co fin de saber que se encerra en cada un destes capítulos (opcional: cos seus títulos en inglés para facilitar recollidas de datos nun environment topics) e poder comunicar entre todos os resultados para que, aos poucos, poidamos ir acudindo ao amplo arquivo que nos valerá cando xurdan noticias deste ámbito ambiental.

 

Grupo 1. A súa consigna é «aire»

Grupo 2. A súa consigna é «clima»

Grupo 3. A súa consigna é «enerxía»

Grupo 4. A súa consigna é «bosques»

Grupo 5. A súa consigna é «océanos»

Grupo 6. A súa consigna é «tecnoloxía»

 

ACTIVIDADES PARA CONSTRUÍR  O ARQUIVO DE AULAMBIENTE

 

A) Importancia do tema: a auga doce desempeña un papel fundamental no apoio ao medio ambiente, a sociedade e a economía. Ecosistemas como os humidais, ríos, acuíferos e lagos son indispensables para a vida no noso planeta.

 

B) Situación actual: segundo o Índice de Planeta Vivo 2016 do Fondo Mundial para a Vida Silvestre, as especies de auga doce diminuíron nun 58 % entre 1970 e 2012.

 

C) Noticias próximas sobre a auga: especialmente a súa carencia e problemas que os xornais comunican con frecuencia.

 

D) Normativa internacional: os ecosistemas de auga doce requiren a xestión eficaz tanto da cantidade como da calidade dos recursos hídricos.

 

D) Actividades e recursos: para axudar aos países a establecer un marco para a xestión dos ecosistemas de auga doce, «Un marco da ONU para a xestión de ecosistemas de auga doce»:

 

 

 


Comentar