La Voz de Galicia

O que debes saber da doazón de sangue

Escuela

Jesús Garrido /  chuchogarrido@icloud.com
As doazóns de sangue dos galegos acadan a recomendación da OMS

Comezamos o panel de hoxe non só fixándonos nos temas máis debatidos sobre a doazón de sangue no referente á organización das campañas, senón tamén seleccionando especialmente aqueles temas que son de maior interese para os alumnos, o seu coñecemento e as súas actitudes ante un feito tan importante no que todos estamos implicados, uns pola posibilidade de doazón e outros, a maioría, pola necesidade urxente que supoñen as transfusións de sangue en momentos críticos de saúde, que todos podemos padecer.

14 Jun 2017. Actualizado a las 05:00 h.

 

O sangue é indispensable para vivir. O seu papel é tan esencial que a diminución do seu volume ou a alteración dalgunha das súas funcións poden pór en perigo a supervivencia do organismo; é dicir, o sangue é sinónimo de vida porque non existe vida sen ela. A doazón de sangue, xesto xeneroso e desinteresado, é neste momento a única forma de salvar a vida ou recuperar a saúde para calquera persoa que sufra un déficit de compoñentes sanguíneos.

Le a seguinte información introdutoria para entender non só un pouco máis cada un dos seis temas, senón tamén as súas ligazóns principais: goo.gl/uzhN4p

 

Galicia logra no 2016 máis de 111.200  doazóns de sangue

Padrón é o concello que ano tras ano consegue unha maior taxa de doazóns, superando o centenar por cada mil habitantes. Os galegos realizaron no ano 2016 un total de 111.276 doazóns de sangue, unha cifra coa que a comunidade alcanza as recomendacións da OMS -entre 40 e 60 extraccións por mil habitantes-, como fixo nos últimos dezasete anos. Por provincias, A Coruña e Pontevedra alcanzan esta recomendación, e Lugo e Ourense non. Por concellos chama a atención o caso de Padrón, que ano tras ano se converte no municipio cunha maior taxa de doazóns, superando o centenar por mil habitantes. (Segue a noticia na web; La Voz, 25/5/2017).

 

Escolares de Ribeira participan nun  plan piloto para fomentar a doazón  de sangue

O municipio ribeirense foi escollido pola Axencia Galega de Doazón de Sangue para impulsar unha experiencia piloto encamiñada a fomentar a doazón de sangue. A iniciativa enmárcase na campaña Mensaxeiros Solidarios e ten por obxecto sensibilizar á poboación sobre a importancia de colaborar nesta acción solidaria. A intención é que xa desde pequenos os rapaces sexan conscientes de que a achega de sangue salvo vidas. (Segue a noticia na web; La Voz, 1/2/2017).

 

O TEST DA OMS

Canto sabes sobre a doazón de sangue?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

n Podo doar sangue a calquera idade.

 

r Verdadeiro

 

r Falso

 

 

n Se doo sangre corro o risco de adquirir enfermidades transmitidas polo sangue, como a infección polo VIH ou a hepatite B ou C.

 

r Verdadeiro

 

r Falso

 

 

n O volume de sangue extraído en cada doazón é de:

 

r 450 mililitros

 

r 1 litro

 

r 5 litros

 

 

n ¿Con que frecuencia podo doar sangue?

 

r Cada 4 meses

 

r Unha vez ao ano

 

r Cada 2 anos

 

n Antes de doar sangue debo:

 

r Comer o habitual

 

r Beber moitos líquidos

 

r Non beber nin comer

 

 

n A picada da agulla para sacarme sangue será moi dolorosa:

 

r Verdadeiro

 

r Falso

 

 

n As doazóns máis seguras son as que proceden de:

 

r Doantes voluntarios non remunerados

 

r Doantes familiares ou achegados

 

r Doantes remunerados

 

 

 

 

n Nesta dirección atoparás o test e as respostas correctas: goo.gl/xDUVxp

 

O TEST DA OMS

Canto sabes sobre a doazón de sangue?


Comentar