La Voz de Galicia

Atento á encrucillada

Escuela

Xente cruzando a mediana da estrada nunha zona comercial

16 Nov 2016. Actualizado a las 05:00 h.

Na lección de hoxe, aprendo a coñecer e identificar os nomes dalgunhas palabras relacionadas coa vía. Vou comprender o que significan e a súa función. E tamén aprenderei conceptos de seguridade viaria e ampliarei o meu vocabulario.

 Tarefa

 Avaliación

 Materiais

 

ACTIVIDADE

 Completa as frases coas palabras que faltan:

esquerda, estrada, peóns, senda peonil

 

Cruces de alto risco en Galicia

A NOTICIA

(La Voz 16 de marzo de 2016). Cada día centos de persoas xóganse a vida en rúas e estradas ao atravesar a calzada por zonas indebidas. Aquí repasamos algúns dos atallos más perigosos.

 

La convivencia entre coches e peóns nunca foi doada. V Televisión saíu á rúa para comprobar os inusitados e perigos lugares polos que cruzan as persoas en tres cidades: A Coruña, Santiago e Vigo.

E as imaxes deixan poucas dúbidas. Con nenos, cestos de compra e correndo, moitos xóganse a vida atravesando varios carrís ou unha mediana onde coches, camións, furgonetas e autobuses baixan a gran velocidade, para aforrar o maior tempo posible nos seus traxectos.

Ás veces é por non camiñar só 200 metros hasta seguinte paso de peóns, outras pola falta de pasarelas peonís ou porque os pasos alternativos están afastados das zonas más transitadas. Noutros casos non hai paso de peóns.

As razóns son variadas, pero o que está claro é que cada día centos de persoas xóganse o tipo entre os coches nas cidades e estradas galegas. Incluso de noite, cando os peóns son máis vulnerables pola falta de visibilidade.


Comentar