La Voz de Galicia

Os 12 campos de actividade da ONU

Escuela

As escolas de Guinea reabriron en xaneiro despois de permanecer pechadas durante tres meses polo ébola

Son moitos máis, desde logo. Pero estes son, polo menos, os que se cita no vídeo oficial para conmemorar o seu o 70.º aniversario da ONU e que leva o título «O mundo celebra o Día das Nacións Unidas». ¿A ONU é noticia en cada un destes campos? ¿Ou estes 12 obxectivos quedan no papel e non chegan a ser noticia no xornal (http://bit.ly/1jq0ii3)? Pois imos comprobalo, xornal en man. Xa sabes: busca o desenvolvemento destas noticias escribindo as primeiras palabras do título na lupa de www.lavozdegalicia.es. E boa sorte.

21 Oct 2015. Actualizado a las 05:00 h.

1. A ONU... promove a saúde materna

(La Voz, 15 de xaneiro do 2009) Ter un fillo segue sendo un gran risco para a saúde das mulleres do terceiro mundo

2. Combate o cambio climático 

(La Voz, 31 de agosto do 2015) A ONU non ten diñeiro para organizar o cume do cambio climático de París

3. Axuda ás persoas en urxencias

(La Voz, Sídney, 15 de marzo do 2015) Vanuatu declara o estado de urxencia tras o paso do ciclón Pam

4. Traballa pola paz 

(La Voz, 1 de outubro do 2015) Israel, disposto a renovar as negociacións de paz con Palestina

5. Loita contra a pobreza

(La Voz, 4 de xullo do 2014) A ONU esixe máis medidas sociais e de emprego pola freada do desenvolvemento humano.

6. Vacina aos nenos

(La Voz, 24 de abril do 2012) Cada día morren 1.400 nenos de malaria, unha «traxedia monumental» para a ONU

7. Alimenta ás poboacións famentas

(La Voz, 27 de maio do 2015) Por primeira vez, menos de 800 millóns de persoas pasan fame no mundo

8. Asiste aos refuxiados

(La Voz, 27 de setembro do 2015) Facebook asóciase coa ONU para levar Internet a campos de refuxiados

9. Promove os dereitos humanos

(La Voz, 8 de outubro do 2015). A ONU afirma que o caso Iguala reflexa a violación dos dereitos humanos en México

10. Fomenta o desarmamento

(La Voz, 28 de setembro do 2013) Os inspectores da ONU investigarán tres novos ataques químicos en Siria. 

11. Traballa en favor dunha educación primaria universal

(La Voz, 5 de agosto do 2010) A ONU denuncia que o 70 % dos menores sen educación primaria son nenas 

12. Traballa para previr conflitos 

(La Voz, 19 de febreiro do 2015) Poroshenko solicita a entrada de tropas da ONU en Ucraína. 

actividades e recursos

?1. Setenta aniversario das Nacións Unidas: http://www.un.org/un70/es

2. Multimedia das Nacións Unidas: http://bit.ly/1RJC6m6. 

? Tes referencia a vídeos que poden servirche para o estudo de noticias e que relatan brevemente a acción da ONU en diversos campos de gran interese para conmemorar este día.

? E unilos con outras noticias que van aparecendo no xornal: as árbores, os horrores da guerra, testemuños de fotógrafos, palestinos e israelís, o papa Francisco na ONU, o sorriso dun neno, «Imaxine» de John Lenon, traballadores humanitarios, os 8 secretarios xerais da ONU.


Comentar