La Voz de Galicia

Aprende o método de proxectos traballando coa noticia

Escuela

Jesús Garrido
Os e-studos de noticias de Prensa-Escuela poden servir para adestrar no método de proxectos

Traballar por proxectos nas materias está moi ben, pero ten algúns riscos ao principio e ás veces xorden dificultades no desenvolvemento da aprendizaxe académica que ten a súa urxencia en conseguir determinados obxectivos durante cada curso. Os e-studos de noticias, aos que aludimos hoxe en primeira páxina, poden servir de eficaz adestramento, que se pode desenvolver en cursos prácticos, ao servizo dos centros educativos.

10 Jun 2015. Actualizado a las 05:00 h.

1. ESTRUTURA PROPIA

O método de proxectos (Dewey, 1904 / Kilpatrick, 1918) ten, naturalmente, a súa estrutura propia. Por exemplo, as 4 fases iniciais dos seus creadores: proposta, planificación, elaboración, avaliación. Co tempo, estas 4 fases fóronse subdividindo en pasos máis complexos para que os alumnos logren un sistema eficaz na resolución de problemas que se presentan no proxecto: prefiguración / metas concretas / resultados esperados / preguntas guía do profesor / instrucións e metodoloxía / actividades de aprendizaxe / produtos logrados / actividades re-potenciais / ambiente de aprendizaxe / identificación de recursos? tal como indicamos máis amplamente abaixo, en Recursos.

2. SUPOSTOS PARALELOS

Pero o método de proxectos, ademais da súa estrutura propia, necesita tamén unha serie de supostos paralelos que son imprescindibles e favorecerán máis eficazmente o seu desenvolvemento. E aquí é onde está precisamente o apoio que o traballar coa noticia pode dar ao entendemento de cales son eses supostos e como adestralos. 

3. ADESTRAMENTO DO MÉTODO DE PROXECTOS CON EXEMPLOS DE NOTICIAS

Tendo pois en conta a estrutura propia de proxectos (1) que é máis ou menos inalterable, o traballar coa noticia pode achegar un adestramento importante sobre todo no desenvolvemento dos supostos paralelos (2) que acompañan e resultan esenciais no desenvolvemento do método: que o tema sexa interesante, que atenda ás intelixencias de cada un, que promova o traballo cooperativo en grupo, que teña en conta o estilo persoal de aprendizaxe? e outros.

SUPOSTO A

É o tema do proxecto interesante, atractivo, un reto que anima aos alumnos a conseguilo e empregar nel a súa potencia e creatividade? Esta é a clave: que o tema do proxecto sexa motivador. 

Queres unha noticia simpática, creativa, estimulante, que valla a pena para demostrar o ben que o pasarán inventando algo, que é o gran fin de todo bo proxecto? Na sección O xornal na escola, busca a lección: Actitude creativa ante a noticia. Alí atoparás técnicas para buscar noticias creativas que estimulen o teu proxecto:

SUPOSTO B

Dá o proxecto oportunidade para que cada alumno aporte especialmente o que lle vai mellor, as súas habilidades, o seu enxeño e intelixencia propia?

Busca na sección Orientación educativa: Intelixencias múltiples.

SUPOSTO C

Estamos seguros de que imos ser capaces de traballar en grupo no desenvolvemento do proxecto, buscando e sentindo o obxectivo común e superando dificultades persoais? Na sección O xornal na escola busca a lección Aprendizaxe cooperativo (ACO) co xornal. 

SUPOSTO D

Que pasa co estilo de aprendizaxe que cada un ten no proceso, ritmo, tempo e forma de actuar para lograr un produto mellor, dentro do proxecto no que traballamos?

Actividades e recursos


Comentar