A corresponsabilidade ábrese paso
Escuela
05 Nov 2014. Actualizado a las 12:31 h.
O que desde logo comparten a Consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia e Adega, ao igual que a práctica totalidade dos grupos de voluntarios, é que a custodia fluvial constitúe «un paso adiante na relación da sociedade cos ríos». Fronte á conciencia antano espallada de que era a Administración a que tiña que encargarse diso, ábrese camiño a idea de que cómpre ir cara á corresponsabilidade na xestión dos nosos recursos naturais. E así o Manual de custodia fluvial convértese nunha oportunidade única para sensibilizar á sociedade neste eido, xa que está pensado tanto para o cidadán individual como para as asociacións que pretenden adquirir un maior compromiso na mellora dun treito dun río. Á pregunta de se será útil, Gonzalo Mosqueira asegura que «responde con creces á expectativa de traballo en común demandada polo voluntariado ambiental».
E no que están de acordo na Consellería de Medio Ambiente e nas entidades defensoras do equilibrio ecolóxico é que non se está a falar de punto final algún. Remátao Mosqueira sen rodeos: «O medio hídrico necesita que os cidadáns dean un paso máis».