La Voz de Galicia

«Conseguir que os galegofalantes deixen de ocultarse xa é moito»

Educación

Denís Fernández vigo

Para Moreno ten moita importancia no colectivo de Pais e Nais de Vigo da Mesa a escolarización en galego dos seus fillos.

07 Sep 2002. Actualizado a las 07:00 h.

A Mesa acaba de afrontar un proceso electoral no cal os afiliados escolleron unha nova directiva presidida por Carlos Callón. No marco dunha campaña cos afiliados das distintas comarcas galegas, a directiva chegou a Vigo antes da Asamblea comarcal, momento qu aproveitamos para falar con Callón e tamén para entrevistar a Xosé M. Moreno. -¿Cal é a súa opinión sobre a situación da lingua en Vigo? -Se nos referimos a Vigo cidade, houbo inquéritos que din que o 80% dos cidadáns consideraban necesaria unha maior normalización da lingua. Tamén na Universidade de Vigo, aínda que a realidade é moi distinta. A maioría dos profesores non usan o galego. En Vigo tamén hai moitos «galegofalantes ocultos», que empregan a lingua no seu círculo, pero non cando chegan a un mostrador. -¿Qué iniciativas están facendo agora? -Estamos intentando promocionar o galego no comercio. Hai pouco distribuíms un modelo de menú para os restaurantes. Eu podo falarche do Puesto Piloto, onde vai a élite viguesa, que moitas veces é bastante antigalega e o dono tiña certo medo por como pode reaccionar o cliente. . Por outra parte aos clientes coñecidos sí que lles daba a carta en galego. -¿Como está o galego nas parroquias e na área metropolitana? -Por exemplo o concello de Redondela foi un pioneiro na normalización. En xeral, na zona rural a xente maior mantén a lingua pero hai maior prexuízo nos arredores de Vigo que nos alumnos do centro.


Comentar