La Voz de Galicia

¿Somos todos iguais?

Economía

J. Ramón Gómez Besteiro Secretario xeral del PSdeG-PSOE

16 Dec 2013. Actualizado a las 07:00 h.

Avenda de NCG semella un negocio opaco no que o Goberno de Rajoy reparte sen pensar en Galicia e a Xunta de Feijoo non é quen de petar na mesa nun momento crucial. Ninguén explica a présa cando Bruxelas da ata 2017. Bankia segue ao seu ritmo, mentres outros somos moeda de cambio dun Goberno que non fala dos empregos nin das familias galegas. Seremos a única comunidade histórica sen banco propio. É hora de esixir respecto, non de baixar a cabeza.


Comentar