«No deporte do tiro con arco pode participar todo o mundo»
Silleda
Con 23 años practicando, Fernández e un dinamizador desta disciplina que ten cita hoxe en Carboeiro
29 Aug 2010. Actualizado a las 02:00 h.
Silleda, e concretamente o enclave de Carboeiro, acolle hoxe un certame de tiro con arco, con dianas de animais en tamaño real y nun recorrido de más de dous kilómetros. Concorren 50 participantes. Manuel Fernández, é o Presidente do Clube Dezarco, que dinamiza na zona en fora este deportes de arqueiros ancestral. O club naceu en A Bandeira (Silleda) e os integrantes teñen como fin principal disfrutar deste deporte. Fernández sitúanos no asunto.
- Leva vostede moitos anos presidindo Dezarco?
- Pois dende os seus inicios, fai uns catro anos. Son o primeiro e ata o momento o último, porque ninguén parece que me queira substituír. Neste caso vai a dedo, e tócame sempre a min (risas).
- Imaxino que vostede é un gran afeccionado, practícao dende fai moito tempo?
- Si a verdade e que é un deporte que me encanta. Levo vintetrés anos practicando o tiro con arco.
- É un deporte que soe practicar moita xente?
- Fóra de Galicia sí, sobre todo en Barcelona -foi donde eu me adentrei neste deporte- se practica moito a modalidade de recorrido de bosque, pero na nosa comunidade non é moi habitual.
-Non está considerado un deporte de risco, pero hai unha idade mínima para poder realizar o tiro con arco?
- Non, o certo e que non, de feito a modalidade de alevín é dende os oito anos. Así que todo o mundo pode participar neste deporte dende esa idade ata os cen anos.
-Compiten a nivel autonómico ou tamén nacional?
-Competimos en tódolos campionatos autonómicos e tamén nos nacionais. De feito os vindeiros días 4, 5 e 6 de setembro imos ao campionato de España que se celebra en Talavera de la Reina.
-Cantas variedades hai de tiro con arco, e cal ou cales son as máis entretidas?
-Pois está a modalidade olímpica, a de tiro de campo, a de tiro de sala e o recorrido de bosque. Sen dúbida a máis entretida é o recorrido de bosque, porque se vai combinando o sendeirismo co tiro con arco.
-Practícanse tódalas modalidades ao aire libre?
-Todas menos o tiro de sala, que se practica en recinto pechado. Así, cando nos coincide un tempo desapracible, sempre temos esa alternativa ao cuberto.
-Precísase entrear moito para ser bo lanzador?
-Canto máis se entrene mellor, pero nós non nos privamos de nada. Non renunciamos a un bo almorzo (risas). Ó non ser un deporte de élite, tes máis liberdade a hora das dietas e tamén dos adestramentos.