La Voz de Galicia

Fútbol en Agolada

Deza

PABLO MIGUÉLEZ

TRIBUNA ABERTA | O |

05 Jan 2007. Actualizado a las 06:00 h.

NESTES DÍAS tomando uns viños en Agolada falábase de fútbol, e pensei, ¡coño!, os nosos reises por fin van traer nas súas sacas boas noticias sobre o fútbol do noso pobo, pero inocente de min, que o noso Dº Ramiro «Melchor», Xosé Ramón Blanco «Gaspar» e Juan Carlos Fuciños «Baltasar» acompañados dos seus paxes Juan Coego, Carlos Fernández e Xosé Ramón Porto (uns traen máis paxes que outros) desembarcan en Agolada e ¡armouse o belén!. O motivo non era estrictamente futbolero senón as obras do campo, xa me parecía a min, pero polo menos os nosos políticos falan de fútbol, despois de tantos anos sen facerlle caso por ningunha das formacións políticas, polo menos saben que existimos. O típico cruce de declaracións, que fas, que desfás ... vénseme á cabeza que estamos en xaneiro ... as eleccións son en maio ... ¿Que pasaría se as obras se houbesen feito en agosto deste ano? Nada. O fútbol en Agolada, meus queridos políticos, debe ser símbolo de unión, arrimar o hombreiro todos do mesmo lado, senón o pouco que temos perderémolo, como outras tantas cousas no Concello, por eso os meus desexos para o 2007 son: Ramiro Varela, alcalde, ten que ser vostede o primeiro en dar exemplo. O deporte non consiste en facer campos, pabellóns, ... senón que ten que ser o primeiro implicado, compartindo afección con calquera dos equipos do concello, e interesándose polas instalacións, que de nada serve facelas se logo se deixan en mans de calquera. Xosé Ramón Blanco, no tema das subvencións estudiouse por parte do clube pedila para un campo de herba sintética, pero era inviable para un concello tan pequeno. Nas da Deputación e Xunta, a directiva solicita todas as que saen, que as concedan ou non non depende de nós. O meu desexo é que se faga socio do equipo. Juan Carlos Fuciños, ningún xogador deixou o equipo polo estado do campo, e non creo se leve a cabo a desbandada de xogadores que prevé. Para falar do «noso equipo de fútbol» tamén se debería facer socio. Carlos Fernández, faga honra á súa concellalía e cumpra como «concellal de obras». Juan Coego, pense cal é o deporte prioritario neste concello e axúdenos con todos os medios dispoñibles, e incluso non dispoñibles (xa nos entendemos). José Ramón Porto, desexo que non volvas mezclar a política co deporte, aínda que a orde veña de arriba. Como di Andrés Montes queremos «fútbol con fatatas», non «fútbol con falacias».


Comentar