O Lalín prosegue a escalada coa súa terceira victoria consecutiva
Deza
Acevedo víu premiada a súa aposta por dous puntas, pero perde a Enrique e Suso por tarxetas O equipo xuvenil arrincou un valioso empate a 0 na súa visita o Deportivo B
22 Nov 2004. Actualizado a las 06:00 h.
? recuperación do C.D. Lalín semella xa ser todo un feito despois do seu triunfo o domingo no feudo do Laracha por 1-2. Terceira victoria consecutiva que eleva un pouco máis o cadro roxinegro na clasificación ata o noveno posto, reducindo de 6 a 4 a diferencia en puntos con respecto á zona de promoción de ascenso. A nova é dobremente positiva se se ten en conta que o de Laracha é cuantitativamente o segundo mellor resultado da tempada. Os homes de José Manuel Acevedo conseguiron por terceira vez máis dun gol na mesma xornada, colleitando idéntico resultado ao do primeiro encontro da Liga, na casa do Alondras (1-2). A aposta por dous puntas, Senel e David Soares, saíulle redonda a Acevedo. Cos seus dous tantos, Soares demostrou con creces que o emprego de dous dianteiros é unha opción moi interesante para o C.D. Lalín, ata o de agora pouco explotada. O técnico do cadro dezao manifestou onte que «hicimos un buen partido. Estuvimos muy sólidos en defensa, manteniendo la línea de las últimas semanas, presionamos bien y arriba al Laracha y aprovechamos la mayor parte de nuestras opciones en la portería rival. Controlamos el partido la mayor parte del tiempo». Pero non todo foron boas novas. Enrique e Suso perderanse o vindeiro partido, co Negreira, tras ver a quinta amarela, deixando o equipo en precario. Sobre todo, se Cea non supera os problemas de cuádriceps cos que xa tivo que xogar o pasado domingo. Polo que respecta ao cadro xuvenil, os rapaces de Román acadaron na Coruña un meritorio empate a 0 ante un dos grandes e colíder da Liga Nacional, o Deportivo B. Sen a penas ocasións de gol para ningún dos dous equipos, os lalinenses reclamaron unha man na área local nun disparo ante a portería herculina a un cuarto de hora para o final.