La Voz de Galicia

Colgados dun cable

Deza

LORENA GARCÍA CALVO

O CRISOL | O |

16 Aug 2003. Actualizado a las 07:00 h.

VIVIMOS NA época da tecnoloxía. Todo o que está ó noso redor móvese por impulsos eléctricos que algún aparelliño informático, ou cando menos tecnolóxico lle ordea. Érgueste pola mañá e conectas a radio, quentas o café no microondas e comunícaste cos amigos a través do correo electrónico. As máquinas estanse a apoderar do noso mundo e case non nos damos nin conta. Xa non somos quen de vivir sen recibir as ondas da televisión, e para ir á compra ó supermercado xa non levamos un peso, quero dicir, un euro, porque a tarxeta de crédito soluciónanos a papeleta, aínda a risco de levar un bó susto a final de mes. Se non sabes traballar cos programas que o señor Bill Gates crea con tanto amor, non estás preparado para a vida de hoxe en día. As telecomunicacións están a rexer o ritmo ó que se move o mundo, e ninguén, ou case ninguén o pode evitar. Se antes os homes lle temían á peste negra, agora os inquilinos da zona rica do planeta fuxen despavoridos cada vez que oen as palabras virus informático. E todo, todo isto funciona alimentado pola electricidade. Por iso parece que se acaba o mundo cando se vai a luz: como sucedeu en Estados Unidos e Canadá. Máquinas sen sangue Se é verdade iso de que a realidade supera á ficción, será mellor que nos poñamos as pilas, porque Hollywood píntanos as cousas dunha cor moi escura. Eu non entendo moito disto, mellor dito, non entendo nada, pero non me gustaría que nun futuro non moi lonxano unha máquina que ten electricidade no sitio de sangue fose o substituto de Aznar na Moncloa. Claro que pensándoo mellor, quizáis non sexa mala idea.


Comentar