«O clube hípico levantarase nun marco incomparable»
Deza
A Asociación de Cabaleiros do Deza acolleu con entusiasmo a decisión do alcalde de Lalín de ubicar un clube hípico na finca de Mouriscade
06 Dec 2002. Actualizado a las 06:00 h.
Os terreos onde se asentará o futuro clube hípico de Lalín foron visitados esta semán polo alcalde Crespo Iglesias e polo presidente da Asociación de Cabaleiros do Deza. -¿Dende cando estaban a pedir estas instalacións? -Xa non me lembro con exactitude. Creo que levamos cinco anos insistindo en que sería preciso contar cun clube e, dende a asociación, barallamos a posibilidade de adquirir terreos para o seu asentamento. Nembargantes, non foi posible porque os terreos próximos a vila son moi caros e o colectivo non pode afrontar ese desembolso económico. -¿Mouriscade é o sitio axeitado? -O clube hípico levantarase nun marco incomparable. Penso que existen poucos marcos tan axeitados para un clube xa que nas proximidades está o albergue, o río e os muiños. Un marco que poderíamos potenciar entre todos. -¿Que actividades pretenden desenvolver? -Está claro que poderíamos disfrutar de moitas actividades. O primeiro sería contratar a un profesor para que imparta clases de equitación ós máis cativos e facer un concerto cos colexios para que este fose un deporte máis nas clases de educación física. De interese sería tamén potenciar o horsball e constituir un equipo infantil que compita en Galicia. Para que esto sexa unha realidade precísase da colaboración de todos e unha maior unión entre os asociados. -¿Fan saídas a cabalo en fins de semán? -Sempre hai un grupo de amigos que se xuntan para saír. No caso da xunta directiva, aproveitaremos estes días para ver as instalacións de clubes hípicos galegos.