La Voz de Galicia

Nerviosismo

Deza

| PABLO VIZ |

RASTRO DE AIRE

06 Sep 2002. Actualizado a las 07:00 h.

VENSE PALPANDO desde hai algúns meses pero cada día vai subindo no súa intensidade o nerviosismo político. Quen non fixo os deberes comenza a acelerar e os cambios de ritmo nótanse sempre. Quen se dedica a política, sexa cal sexa a posición que lle deixou o último reconto de votos, gobernando ou na oposición, deixan ver os seus cambios de ritmo nos meses previos as eleccións coa misma nitidez que o fan os ciclistas bos escalando montañas. Como todo o feito nunha chega, todos aceleran, buscando a boa posición para a recta final dos catro anos. Buscan cabezas de fila, buscan rascarlle tempo o reloxo, queren que catro anos gobernando ou supervisando a quen goberna aparezan nítidos para os electores. Nestes casos cobra valor aquelo de que traballo feito non mete apuro. Para moitos pode ser tarde. Os electores ven o día a día.


Comentar