La Voz de Galicia

O Festival Atlántica terá unha das súas sedes en Vimianzo

Vimianzo

Será a primeira vez en Soneira dunha cita que se estenderá do 28 de xuño ao 6 de xullo 

19 Jun 2025. Actualizado a las 19:06 h.

Vimianzo será, por vez primeira, unha das sedes do Festival Atlántica. Mónica Rodríguez, alcaldesa, e Nieves Lema, técnica de Cultura, participaron este martes na presentación do programa da 13.ª edición do encontro, que irá do 28 de xuño ao 6 de xullo. No caso de Vimianzo, acollerá o domingo 29 unha dobre oferta para público adulto: visita guiada ao castro das Barreiras con Ángel Concheiro (19.30) e espectáculo Contar para vivilo, de Cándido Pazó (20.30, tamén no propio castro). Xa en xullo, o mércores 2 será o tempo dos máis pequenos, cunha dobre representación do espectáculo Procúrase Pepa a Loba, de Cris Collazo, no castelo. A primeira será para rapaces do campamento VimiVerán e a segunda para público xeral. Todas as propostas, de balde e con libre acceso. 


Comentar