La Voz de Galicia

«Non é só poñer cemento, senón ofertar servizos»

Vimianzo

F. Rodríguez Carballo / la voz

A CARREIRA ELECTORAL | «Nós somos dalgunha forma os lexítimos herdeiros das candidaturas que gañaron as últimas eleccións municipais», dixo Vicente Rivas Negreira, candidato do BNG en Vimianzo 

01 May 2019. Actualizado a las 05:00 h.

Vicente Rivas Negreira é o candidato do BNG en Vimianzo. Novo na política municipal ten unha consigna clara para o vindeiro 26 de maio: «Recuperar a esencia do BNG», iso si, con algúns retoques, que tanto éxito tivo en Vimianzo ata que o alcalde, Manuel Antelo Pazos, e un grupo de compañeiros decidiu marchar do partido nacionalista para asumir outro proxecto político.

-A marcha de Manuel Antelo a Adiante Vimianzo supón empezar de cero?

-En parte si, en parte non. Nós somos dalgunha forma os lexítimos herdeiros da candidatura que gañou as últimas eleccións municipais. De feito, na nosa candidatura intégrase parte daquel equipo que gañou as últimas eleccións. Representamos a continuidade do traballo feito en seis dos últimos oito anos en Vimianzo e nese sentido non partimos de cero, en absoluto. Asumimos aquel programa electoral aínda que haxa que facer algunhas pequenas correccións de rumbo, pero sen renunciar á historia pasada do BNG en Vimianzo.

-Cre que se vai dividir o voto entre Adiante Vimianzo e o BNG?

-Non o vexo así. Penso que non. Por unha parte temos un voto ideolóxico do nacionalismo e pola outra, aspiramos a recoller algúns votos non estritamente nacionalistas, que no pasado serviron de apoio ao BNG. A candidatura independente que se formou agora ten algunhas semellanzas coas que tivemos no seu momento como Independientes por Vimianzo. Tamén vemos certas semellanzas no carácter personalista [destes partidos].

-Como ve a situación política en Vimianzo?

-A situación política en Vimianzo non é perfecta, pero tampouco e especialmente conflitiva nin crítica. Houbo no pasado certos enfrontamentos... Penso que un dos erros no pasado do BNG foi precisamente centrarse en temas persoais e non nos problemas de xestión. Ao igual que sucedeu noutras forzas.

-Que destacan do seu programa?

-Non se trata de poñer cemento, que tamén está ben, sobre todo, para os amortecedores dos coches [ri], senón de ofertar servizos aos cidadáns que, ao mellor, melloran a calidade de vida dos veciños. Falamos dunha atención domiciliaria mellor, con máis horas, ou un centro de día.

A favor / en contra

Preferencias

Artes e letras

A lista

1. Vicente Rivas Negreira

2. María Lorena Suárez Pazos

3. Saleta Ameixeiras Rodríguez

4. Óscar Soto Castiñeira

5. Roberto Roget Antelo

6. Manuel Soto Castiñeira

7. José Martín Peña Díaz

8. María Clementina Martínez Gómez

9. María Elena Campos Rodríguez

10. Manuel Martínez Gómez

11. Irene Suárez Castiñeira

12. María Mercedes Pérez Queiro

13. Martín Caamaño Santamaría

14. Elías Aarón Rey Núñez


Comentar