San Xoán en Cures
Vimianzo
CURES | POLA NOITE
21 Jun 2007. Actualizado a las 07:00 h.
Os veciños do lugar de Cures (Cereixo-Vimianzo) decidiron celebrar as súas festas do San Xoán por adiantado e programaron para hoxe unha gran churrascada. Tampouco faltará a música posto que os integrantes das orquestras Midas e Capitol encargaranse de animar o baile na verbena.