La Voz de Galicia

Vinte anos de poesía erótica dende Malpica

Malpica de Bergantiños

A asociación Caldeirón presentou unha nova edición do certame Illas Sisargas

01 Jun 2025. Actualizado a las 00:05 h.

Ata o 21 de setembro poderá participarse na 20.ª edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, promovido dende Malpica pola asociación Caldeirón. A convocatoria foi presentada polo alcalde, Eduardo Parga; a edila Noelia Freijeiro, e Francisco Quiroga e Emma Abella dende a entidade. Destacouse o simbolismo dos vinte anos exportando «cultura innovadora para Galicia e o mundo». Hai un premio de 1.500 euros e a publicación da obra —en galego— na colección Illas Sisargas. Como novidade, o libro este ano incluirá un QR para escoitar os poemas musicados.


Comentar