San Adrián de Verdes, a tradición que se mantén viva en Coristanco
Coristanco
Los fieles no fallaron a San Adrián de Verdes: ¡las imágenes!
É motivo de festexo que un neto e seu avó, Carlos e Ramón Abelenda, sigan mantendo a festa
27 Sep 2025. Actualizado a las 22:22 h.
É motivo de festexo que un neto e seu avó, Carlos e Ramón Abelenda, sigan mantendo a tradición de organizar a romaría de San Adrián de Verdes, en Coristanco, este domingo no seu día grande. Tiveron misa, música e regueifa bergantiñá, e tiveron dende logo esa tradicional poxa de galos que aínda se mantén neste e outros puntos da comarca: Toba, A Piña, Mira... Máis ben dito, poxa de animais, porque en Verdes non faltaron nin coellos nin ovellas nin tampouco as brancas pombas que se soltan en ofrenda ao santo. Este domingo 28 continúa a festa, coas alboradas e vermú de Malante (Malpica), ademais dos oficios ás 13.30 na honra de Santo Antonio.