Velada de arpa e violín
Cee
CEE
20 Apr 2007. Actualizado a las 07:00 h.
Paula Oanes, coa arpa céltica, e Alfonso Franco, ao violín, pechan esta tarde o Abril musical de Cee cun recital no salón de actos municipal no que terán cabida tanto pezas do folclore galego e irlandés como composicións de Antón Seoane ou Daniel Sisto. As súas colaboracións con Luar na Lubre e Emilio Cao son a mellor proba da calidade do dúo Franco Oanes.