La Voz de Galicia

O arciprestado de Riazor programou para o sábado unha ruta por Camariñas

Camariñas

11 Apr 2007. Actualizado a las 07:00 h.

Arredor de 150 persoas participarán o sábado na ruta polo litoral camariñán organizado polo arciprestado de Riazor. Segundo informou a páxina web www.festasdocarmen.com, a iniciativa forma parte das excursións por distintos puntos de toda Galicia programada pola institución. A saída dos participantes, dos que medio centenar serán veciños da localidade, será ás 09.45 horas desde o Club Náutico. Os camiñantes dirixiranse ata o Castelo e farán unha parada, ás 11.00, na capela da Virxe do Monte, para celebrar unha misa. Desde alí continuarán ata o Faro Vilán para emprender o regreso por Mourín. Regreso e xantar Todos eles compartirán despois un xantar de confraternidade nas instalacións do náutico. Os interesados aínda poden inscribirse, pero quedan poucas prazas dispoñibles porque só ten capacidade para 160 comensais.


Comentar