A campaña Agresión Off chegou ao instituto da Laracha
A Laracha
Alumnos de segundo e terceiro de ESO participaron de xogos e actividades
04 Jun 2025. Actualizado a las 05:00 h.
Estudantes de segundo e terceiro de ESO do IES Agra de Leborís da Laracha participaron onte na campaña «Agresión Off: eu digo non á violencia de xénero». É unha proposta itinerante da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero. Actividades e xogos sensibilizan, sobre todo, contra a violencia de tipo sexual.