O programa Xermolar botou a andar no Couto
Carballo
Hoxe haberá nova sesión
22 Jul 2025. Actualizado a las 05:00 h.
Botou a andar o programa Xermolar, da Casa da Muller e da Fundación Eduardo Pondal na aldea pontecesá do Couto. Son actividades formativas para a xuventude. O pasado venres, Corina Alfonso, da ONCE, fixo unha introdución ao sistema braille. Hoxe, ás 19.00 horas, será a quenda de Miriam Amado (Proyecta en ti) para falar de benestar físico e emocional.