La Voz de Galicia

Compoñedores

Carballo

FARRUCO GRAÑA

NOVOS TEMPOS | O |

05 Apr 2007. Actualizado a las 07:00 h.

CANDO OS rapaces e rapazas da rúa Berdillo nos poñiamos a xogar ao brilé, ao pilla-pilla, ou á pelota, raro era o día que algún non se mancaba un pouco. Eu mesmo levo na testa a marca dun encontrón coa esquina do garaxe dos de Mañana. As torceduras de pé tamén eran cotiáns. Para feridas de sangue, puntos de sutura. Para as escordaduras, os compoñedores. Na rúa Milagrosa vivía o señor Emilio, e alí daba consulta, ademais de facer bo pan (en forno de leña, por suposto). Tamén era moi coñecida na zona a señora Jesusa Verdía, a compoñedora de Lema. Ademais, no barrio da Casilla, estaba a señora Sara Lorenzo. Tiñan boa sona. É ben certo que nunca chove a gusto de todos. E máis nisto dos temas da saúde. Agora ben: o recordo fundamental deles é bo. Para os nosos pais e avós era unha xente que posuía algo especial, un don innato, que lles permitía curar á xente. En máis dunha ocasión, os médicos teñen remitido a algúns compoñedores para solucionar problemas específicos de lesións musculares e de articulacións. Sería absurdo renunciar a todo o noso legado cultural en torno ao mundo das crenzas populares. Mais as cousas tamén se poden ir adaptando aos novos tempos. Unha das características fundamentais destas técnicas curadoras era a súa transmisión oral. Un conxunto de coñecementos que se transferían de mestre a discípulo. Os fillos e netos, parentes ou achegados dos mellores compoñedores sábeno ben. E por unha banda recolleron o legado dos seus devanceiros, e por outra formáronse academicamente. Velaí por exemplo a Xosé Luis Torrado, o Bruxo.


Comentar