La Voz de Galicia

Homenaxe a Rosalía en Rianxo

Rianxo

M. X. B. ribeira

Alumnos do Félix Muriel leron versos e colocaron unha coroa de loureiro no busto da escritora

28 Feb 2020. Actualizado a las 05:00 h.

O IES Félix Muriel foi o promotor da homenaxe que onte se lle tributou en Rianxo a Rosalía de Castro. Comezou cedo, co reparto de versos da escritora do Sar pola vila, para continuar no Paseo da Ribeira, coa colocación dunha coroa de loureiro no seu busto e cun recital a cargo dos alumnos. Tamén participaron o alcalde, Adolfo Muíños, e Helena Villar, que leu o pregón .


Comentar