O CEIP Praia Xardín abre a biblioteca á comunidade para gañar lectores
Boiro
A decisión coincide co arranque dun novo curso no que o centro estrea dirección e tamén equipo responsable da sala de lectura
16 Oct 2025. Actualizado a las 05:00 h.
Co fin de reverter a tendencia de drástica baixada do número de lectores, o CEIP Praia Xardín decidiu abrir a súa biblioteca á comunidade. A decisión coincide co arranque dun novo curso no que o centro estrea dirección e tamén equipo responsable da sala de lectura. Para dar a coñecer esta nova liña de traballo, hai uns días o espazo deu cabida a un encontro de artistas.
Na biblioteca reuníronse unha palilleira, un escultor, un ilustrador, unha artesá que fai sombreiros de palla, una panadeira... Acudiron tamén usuarios do centro de día de Boiro. Un deles, un antigo xastre, puxo aos nenos a coser, mentres outros amosaban a arte dos teares ou o manexo das agullas de ganchillo e calceta.
A actividade contou coa presenza da concelleira de Educación boirense, Carmen Silva, que acudiu acompañada dunha técnica municipal. A música correu a cargo do grupo de pandeiretas do colexio, dirixido polo mestre e músico Marcos Botana.
Desde o centro destacaron o éxito da xornada, agradecendo a implicación de todas as partes que a fixeron posible e anunciando a intención de seguir na mesma liña no futuro.