La Voz de Galicia

Ricardo Suárez: «Logramos introducir temas no debate»

Barbanza

M.G. Noia BNG

O voceiro do BNG fai fincapé no seu labor construtivo dentro da corporación

06 Jun 2021. Actualizado a las 05:00 h.

O concelleiro do BNG, Ricardo Suárez, está satisfeito co labor que está a realizar na oposición: «Destacaría a nosa acción construtiva. Dentro do difícil que é chegar a acordos con este goberno, logramos introducir temas que consideramos importantes no debate municipal». Neste sentido, cita como exemplo as actuacións propostas para avanzar no saneamento integral ou a posta en valor da lingua galega coa creación do servizo de normalización. Aínda así, queda moito por facer: «Non se está dando a importancia que merece á dixitalización do comercio e a hostalería, por exemplo».

 


Comentar