La Voz de Galicia

Débedas

Barbanza

| MONCHO ARES |

A CHAVE

03 Nov 2006. Actualizado a las 06:00 h.

COINCIDEN ULTIMAMENTE as críticas da oposición a gobernos presentes e pasados pola débeda xerada. Mal argumento político este, porque para ter un concello saneado hai que descubrir nos seus terreos unha mina de ouro, ou non gastar un peso en nada. Se se fai unha análise dos servizos que presta a Administración municipal é doado deducir que a súa maior parte son deficitarios, o que ven a dicir que se gasta máis por prestalo do que se ingresa en concepto de taxas aos cidadáns. Polo tanto, a única maneira de facer algo máis que dar servizo é acudindo ás operacións de crédito, a pesar de que supoñan endebedar as arcas, precisamente por iso a lei establece un tope de déficit, aínda que é verdade que a enxeñería contable ten fórmulas para maquillalo. Claro que unha cousa non quita outra, e a crítica está xustificada cando o malgasto é evidente, pero pouco pode haber en tan escaso marxe.


Comentar