Sen auga
Barbanza
ERA VISTO | O |
28 May 2004. Actualizado a las 07:00 h.
CHEGA O verán e seguen a ser moitas as localidades da comarca barbancesa que teñen problemas de auga. O peor é que se investiu unha gran cantidade de diñeiro na instalación da traída procedente do río Ulla e aínda non se puxo en funcionamento. De nada serve unha infraestructura que custou tanto coma esta se non se lle saca partido. Algo haberá que facer.